Atlas histórico del mundo textos, Dino Carpanetto en colaboración con Paolo Bianchini
por Carpanetto, Dino [autor/a]
; Bianchini, Paolo [autor/a]
; Quagliotti, María Silvia [tradutor/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro Sala préstamo | 93 QUA atl | Dispoñible | CEC211000000504 |
|
Este novo Atlas percorre os fíos da historia a través de 90 fichas temáticas, explicativas, acompañadas de numerosos mapas históricos e ilustracións. Cartografía do máis alto nivel, textos complementados por sínteses cronolóxicas e recadros temáticos. Liñas de tempo e completo índice de lugares e personaxes.
Coñecer a historia é fundamental para o saber e a formación de cada persoa. Neste atlas sintetízanse e visualízanse os acontecementos que tiveron lugar nas diferentes culturas dos cinco continentes ó longo da historia, mostrándose no seu desenvolvemento. É o froito da colaboraciçón entre historiadores especializados e cartógrafos cualificados que uniron os seus coñecementos para ofrecer ó público unha obra de gran prestixio e orixinalidade.
Cada acontecemento cultural foi reconstruído co maior respecto pola historia, a través da realización dos mapas, os textos exhaustivos que encadran cada tema e a elección de imaxes. O emprego da cartografía, de altísimo nivel, é o seu elemento clave.
O Atlas presenta unha visión clara e global de tódolos momentos clave, desde as primeiras civilizacións ata a actualidade. Dedícanse tres seccións completas á Idade Contemporánea e ós séculos XX e XXI, precisamente porque neste terceiro milenio é imperativo meditar arredor de quen somos e a onde imos.
pechan o Atlas unhas táboas cronolóxicas que, xunto a un riquísimo índice de localidades, personaxes, pobos e batallas, foron concibidas sobre a base de períodos históricos e non en función de cada país: desta maneira resulta doado seguir o paralelismo de acontecementos afastados no espazo e entender que sucedeu nas distintas partes do mundo nun determinado momento.
1º-2º ESO
3º-4º ESO
1º-2º BAC
Formación Profesional