Descobre a pequena heroína que foi Anna Pavlova. Os seus poderes foron unha gran determinación e confianza en si mesma, unha inmensa paixón polo ballet e moitos anos de entrenos durísimos. Grazas a eles pasou a ser unha das mellores bailarinas de ballet clásico, aplaudida en todos os países do mundo. Ademais, Pavlova inventou as zapatillas modernas con puntas reforzadas para que as bailarinas non sufrisen tanto ao poñerse no bico dos pés, e introduciu unha nova forma de bailar que requiría tanta expresividade e sentimento como técnica física. O seu estilo delicado e emotivo demostrou ao mundo que a danza se baila non só co corpo, senón tamén co corazón. Tal é a proeza de Anna Pavlova, e esta é a súa historia.
3º-4º Primaria