Rodari, Gianni

Confundindo historias / Gianni Rodari - 2ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2017 - 40 p. : il. cor ; 31 cm

Esta peculiar visión de Carapuchiña, ideal para ser contada, é un xogo de humor para o lector e, para os contadores de contos, toda unha lección -útil e sinxela- sobre como sentir a emoción vibrante do público infantil, como lanzarlle un irresistible anzó ante o voraz apetito da súa imaxinación, que o manteña coa atención alerta.

O avó interrompe a plácida lectura do xornal para contarlle á neta unha historia que, non por máis clásica, lle resulta menos difícil de narrar. ¿Descoñecemento? En absoluto. O ancián consegue que sexa a pequena a que realmente reproduza o conto a base de corrixir os gazapos que deliberadamente comete o avó porque, ‘confundindo historias’ é como o enredo se converte nun proveitoso recurso expresivo.

1º-2º Primaria

9788484645030


Carapuchiña vermella


Creatividade
Xogos de palabras
Narración oral

82-N

Coa tecnoloxía Koha